Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

ÁREAS

Estas son as áreas de traballo nas que se articula o Concello de Redondela. Pulsa sobre calquera delas para coñecelas máis a fondo ou realizar trámites.

Solicita a túa tarxeta cidadá

Solicita a túa tarxeta cidadá e accede a todos os servizos e vantaxes que temos deseñadas para ti.

Tarxeta cidadá de Redondela.
Máis fácil, máis preto, máis Redondela.

Descarga a App do cidadán

Todas as vantaxes da Tarxeta Cidadá de Redondela no teu móbil. 

¿Xogamos?

Reserva a túa pista co noso sistema en liña e non te quedes sen xogar. Servizo exclusivo para cidadáns rexistrados no sistema de Tarxeta Cidadá.

Participación cidadá

Queremos coñecer a túa opinión. Participa nas nosas enquisas, que nada silencie a túa voz. Rexístrate e participa

Deportes en Streaming

Goza da emoción do deporte local. Toda a liga de balonmán ou fútbol sala en directo, para que poidas apoiar ao teu equipo

Xogamos?

Reserva a túa pista co noso sistema en liña e non te quedes sen xogar. Servizo exclusivo para cidadáns rexistrados no sistema de Tarxeta Cidadá.

Participación cidadá

Queremos coñecer a túa opinión. Participa nas nosas enquisas,  que nada silencie a túa voz. Rexístrate e participa.

Redondela ao día

Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario de 09:00 a 14:00 horas, e son totalmente gratuítos. “O noso obxectivo é ofrecer ás familias unha alternativa de lecer, lúdica e didáctica para facilitar a conciliación laboral durante as vacacións escolares”, sinala a concelleira Iria Vilaboa.

Haberá campamentos en sete emprazamentos diferentes: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Quintela, Reboreda e Redondela. O prazo de inscrición estará aberto do 7 ao 21 de maio. “Desde o Concello apostamos firmemente por achegar os servizos a toda a veciñanza, tanto na vila como nas parroquias”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Redondela, 3 de maio de 2024. A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela organiza un ano máis o Programa municipal de conciliación para o verán. Deste xeito o departamento que dirixe Iria Vilaboa ofrece un servizo ás familias “que favorece a conciliación de responsabilidades familiares e laborais, ao tempo que permite a nenos e nenas participar en actividades lúdicas”.

O servizo, que é totalmente gratuíto para as familias, prestarase durante os meses de xullo e de agosto, en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Está dirixido aos menores con idades comprendidas de 3 a 12 anos. O número de prazas ofertadas para esta convocatoria son 300 no mes de xullo e 180 no mes de agosto. As prazas estarán distribuídas en sete emprazamentos diferentes: CEIP Porto Cabeiro, CEIP de Cedeira, CEIP Outeiro das Penas, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Quintela, Pavillón de Reboreda e Conservatorio Municipal “Víctor Ureña” de Redondela. Deste xeito o Concello “aposta por achegar os servizos a toda a veciñanza, tanto na vila como nas parroquias, para facilitar o acceso aos campamentos e reducir os desprazamentos das familias”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

A prestación do programa distribuirase en quincenas, con dúas quendas en xullo e dúas en agosto. Toda a documentación necesaria publicarase na páxina web do Concello, e tamén poderá solicitarse na casa do Concello ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM). As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello de Redondela do 7 ao 21 de maio de 2024.

Próximo evento

De interese...

AXENDA DA ALCALDESA

FARMACIAS DE GARDA

PERFIL DO CONTRATANTE

MERCADO DE ABASTOS

MAPA DE FONTES

NOTIFICAR INCIDENCIA

O máis visto

O tempo

Compartir