Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerArquivoAudiovisual

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerDEP2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

DOAZÓN DE LIBROS DA FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO

 

 

A Fundación Filomena Rivero Alonso doa unha colección de libros á Biblioteca Municipal de Redondela para nenas e nenos con diversidade funcional.
 
Por primeira vez, a Biblioteca Municipal de Redondela contará entre os seus fondos cunha colección destinada a nenas e nenos con diversidade funcional, grazas á doazón realizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso a través dos seus representantes, Gracia Regojo Bacardí, presidenta da Fundación, e Telmo Crespo Tojeiro, secretario da mesma.
 
Esta actuación englóbase dentro do convenio de colaboración entre a citada entidade e o Concello de Redondela,  complementando o labor da Fundación no campo da integración social.
 
Na fotografía, a presidenta e o secretario  da Fundación, a concelleira de Cultura e a directora das bibliotecas.