Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerArquivoAudiovisual

asociacin de interese social

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

AS BIBLIOTECAS DE REDONDELA CELEBRAN O DÍA DO USUARIO DANDO A COÑECER OS RESULTADOS DAS VOTACIÓNS DO LIBRO DO ANO

BannerMellorLibro2016

As bibliotecas de Redondela, xunto co resto de bibliotecas da comunidade galega, celebraron este mércores, 11 de xaneiro,  o Día do Usuario, data que abre o Calendario do Libro e da Lectura 2017 na nosa comunidade.

En concreto, as bibliotecas deste municipio conmemoraron a data facendo público o resultado da votación anual pola que os seus usuarios escollen os seus  libros preferidos dos editados no pasado ano.

As Bibliotecas Municipais de Redondelas resolveron que os libros gañadores do Libro do Ano nos dous centros, así como das persoas que foron agraciadas no sorteo son:

  • LIBROS GAÑADORES:

Libros na categoría ADULTO


- Na biblioteca de Redondela: "Todo esto te daré", de Dolores Redondo
- Na biblioteca de Chapela: "El libro de los Baltimore" de Joël Dicker

Libros na categoría INFANTIL


- Na biblioteca de Redondela, a última entrega da serie Futbolísimos, de Roberto Santiago.
- Na biblioteca de Chapela, "Los gemelos Tapper arrasan la ciudad", de Geoff Rodkey.

 

  • PERSOAS AGRACIADAS NO SORTEO:

- Adultos: María Soriano e Olga Varela


- Infantil: Helena Romero e Adriana Alonso

 

VER MÁIS: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2017/01/as-bibliotecas-de-redondela-celebran-o.html