Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerArquivoAudiovisual

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerDEP2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

EXPOSICIÓN DE ÁNGEL BARROS NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA

ExposicionAngelBarros2017

A partir do mes de abril pódese visitar no Multiusos da Xunqueira a exposición do artista Ángel Barros Montero, "O privilexio do esforzo".
Ángel Barros Montero (Redondela 1935), chegou á restauración como moitos outros restauradores, dende a creación artística, dende a pintura e a escultura. Nunha época moi difícil para calquera vocación artística, tivo que buscar fóra de España a posibilidade de desenvolverse, de aprender, de incrementar os seus coñecementos acerca das técnicas no patrimonio pictórico e a súa conversación. Traballou como restaurador para o museo do Louvre, restaurando obras da talla como Picaso, Sorolla, Tapies ou Matisse entre outros.
A finais dos 70 trasládase a España. Tras a súa chegada a Valencia, Ángel traballa constantemente en diversos aspectos da restauración en lenzos, frescos, retablos, obras privadas e cantidade de encargos por parte da Generalitat Valenciana restaurando gran parte do patrimonio do devandito lugar, converténdose deste xeito unha vez máis nun restaurador de grande importancia.
Ángel Barros Montero, xa xubilado, vive actualmente en Reboreda, nunha pequena aldea de Redondela. Na actualidade segue pintando e mimando esta arte como sempre fixo. Destacar deste artista redondelán a persevarancia e o sacrificio que tivo por este oficio. Só co esforzo pode chegar a realizar os soños desexados.