Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerArquivoAudiovisual

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerDEP2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

CONCENTRACIÓN EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

BanerContraViolenciaXenero2014

 

A Concellaría de Muller e Igualdade, dirixida por Teresa París, informa sobre a CONCENTRACIÓN EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

O Concello de Redondela convida a toda a veciñanza a unirse á concentración en contra da violencia de xénero correspondente ao mes de maio.

Esta iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller no que participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos, ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos. Tamén se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.

O acto, que se desenvolverá o vindeiro luns 8 de maio na praza do Concello ás 19.00 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, da Asociación de mulleres Arela de Saxamonde. E como símbolo se gardará un minuto de silencio e se procederá a colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.

O Concello de Redondela e os membros do Consello Municipal da Muller convidan á cidadanía redondelá a participar cada mes nesta concentración mostrando así o seu rexeitamento contra a violencia de xénero e calquera outra forma de violencia e a súa concienciación da loita contra esta lacra social.

Para máis información podédesvos dirixir ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 80 43.

Redondela, 4 de maio de 2017