Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerArquivoAudiovisual

asociacin de interese social

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

PRESENTACIÓN DE "Carlos Casares. Un contador de historias", DE HENRIQUE MONTEAGUDO

CartelConferenciaCarlosCasares2017

 A Real Academia Galega decidiu que o Día das Letras Galegas 2017 fose para Carlos Casares, destacado escritor da nova narrativa galega.

Por este motivo o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza unha conferencia sobre o citado autor co gallo da presentación do libro Carlos Casares. Un contador de historias (Editorial Galaxia), de Henrique Monteagudo.

O acto celebrarase no Café da Vila ás 19:30h do xoves 15 de maio. Estará presente o propio autor, Henrique Monteagudo (actual secretario da Real Academia Galega, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Instituto da Lingua Galega).

Ó longo do mes haberá máis actividades coas que Redondela quere tributar memoria e recoñecemento ás letras galegas.

Redondela, 10 de maio de 2017