Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerArquivoAudiovisual

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerPaulinaSanchez2017

BannerDEP2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

CURSOS DE INFORMÁTICA PARA NEN@S ESTE VERÁN EN REDONDELA

 

CartelCURSOScemitNens 

Cursos gratuítos dirixidos a NENAS e NENOS, entre o 3 de xullo e o 25 de agosto de 2017

Un verano máis o Departamento de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, dirixido por Julio Mougán, oferta formación gratuíta para @s cativ@s que desexen aprender máis acerca das novas tecnoloxías, o manexo de ordenadores e por suposto Internet.

Aqueles pais/nais que desexen matricular os seus fill@s nos cursos impartidos nas dúas Aulas Cemit coas que conta o Concello de Redondela, en Redondela e en Chapela, poderán facelo entre o 12 e o 28 de xuño.

A documentación necesaria para formalizar a matrícula será: fotocopia do DNI e certificado de empadroamento. A entrega da matrícula farase nos rexistros municipais habilitados (Redondela e Chapela) ata o vindeiro 28 de xuño, tendo reserva de prazas para usuarios dos servizos sociais municipais.

A obtención das prazas será por sorteo público no salón de plenos do Concello de Redondela o día 29 de xuño en horario de mañá e schamarase aos participantes que resulten beneficiarios dunha praza, quedando ademais unha listaxe de espera dispoñible no caso de ser necesario.

Este ano creáronse tres grupos de idade para impartir a formación:

 


 INICIACIÓN A INFORMÁTICA E INTERNET PARA NENOS E NENAS DE 6 A 8 ANOS:

pdf small  FOLLA DE INSCRICIÓN

Aula de informática CEMIT de Redondela:

  • 1º grupo. Datas: Do 3 - 14 de Xullo. Luns, Mércores e Venres de 9.30 a 11.30
  • 2º grupo. Datas: Do 31 de Xulo o 11 de Agosto. Luns, Mércores e Venres de 9.30 a 11.30

Aula de informática CEMIT de Chapela:

  • 1º grupo. Datas: Do 17 - 28 de Xullo. Luns, Mércores e Venres de 9.30 a 11.30
  • 2º grupo. Datas: Do 14 - 25 de Agosto. Luns, Mércores e Venres de 9.30 a 11.30

INICIACIÓN A INFORMÁTICA E INTERNET PARA NENOS E NENAS DE 9 A 11 ANOS

pdf small FOLLA DE INSCRICIÓN

Aula de informática CEMIT de Redondela:

  • 1º grupo. Datas: Do 3 - 14 de Xullo. Luns, Mércores e Venres de 11.30 a 13.30
  • 2º grupo. Datas: Do 31 de Xulo o 11 de Agosto. Luns, Mércores e Venres de 11.30 a 13.30

Aula de informática CEMIT de Chapela:

  • 1º grupo. Datas: Do 17 - 28 de Xullo. Luns, Mércores e Venres de 11.30 a 13.30
  • 2º grupo. Datas: Do 14 - 25 de Agosto. Luns, Mércores e Venres de 11.30 a 13.30

 INICIACIÓN A INFORMÁTICA E INTERNET PARA NENOS E NENAS DE 12 E 13 ANOS

pdf small FOLLA DE INSCRICIÓN

Aula de informática CEMIT de Redondela:

  • 1º grupo. Datas: Do 4 - 27 de Xullo. Martes e Xoves de 10.30 a 12.00
  • 2º grupo. Datas: Do 1- 24 de Agosto. Martes e Xoves de 10.30 a 12.00

 

 


 

UBICACIÓN DAS AULAS CEMIT DE REDONDELA:


 

       

AULA CEMIT DE REDONDELA

Paseo do Pexegueiro n.6, Redondela

                                                  

AULA CEMIT DE CHAPELA

Rúa Manuel Rodríguez Casal n.3, Chapela