Outros recursos

siguenos-en-facebook

BannerUEedusi2020

 BannerArquivoAudiovisual2017

radioredondela
divisorfinal

farmaciasgarda

O tempo

Proxectos

BannerPaulinaSanchez2017

BannerDEP2017

BannerIdeaRedondelaPXOM2015

BannerApego2015

BanerFondoGalegoCoop

COÑECENDO REDONDELA: TALLERES DE ARQUITECTURA E MICROTOPONIMIA PARA NENAS E NENOS

BannerCartelTalleresArquitecturanens2017

 

O Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Cultura organizan unha nova actividade de divulgación do patrimonio e a microtoponimia para a rapazada redondelá.

Baixo o título Coñecendo Redondela vanse celebrar uns talleres de arquitectura e microtoponimia para nenas e nenos, co obxectivo de divulgar entre a poboación infantil o patrimonio arquitectónico de Redondela, descubrir a súa historia e afondar no coñecemento do territorio e da lingua a través da microtoponimia.

Analizarase a forma urbana, o modo de vida e o pasado de Redondela, contidos de xeografía física e humana que engloban a paisaxe, o territorio e as infraestruturas.

 

 

Inscrición aberta ata o 21 de setembro

Destinatarios: rapazas e rapaces de 6 a 12 anos

Número de prazas: 15

Lugar: Multiúsos da Xunqueira e en diversas rúas e prazas de Redondela

 

Datas de desenvolvemento do programa:

Os obradoiros desenvolveranse os días 25, 26 e 27 de setembro, en horario de tarde (de 16:30 a 18:00 h, e de 18:30 a 20:00h).

 

A actividade é de balde e as prazas son limitadas, polo que é preciso a inscrición previa, que se poderá formalizar ata o 21 de setembro no teléfono 986400300 (Ext.129) ou no correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. l

 

 

DOCUMENTACIÓN:

 

pdf small BASES DO FUNCIONAMENTO DO TALLER

pdf small FORMULARIO DE INSCRICIÓN